Tarxeta benvida

Se queres ter fillos tes a...

Tarxeta Benvida

Qué e?

A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para as familias, que busca colaborar nos gastos que supón o nacemento dunha nena ou neno, a súa adopción ou garda con fins adoptivos.

Quen pode recibir a Tarxeta Benvida?

  • AS MULLERES DURANTE O EMBARAZO, A PARTIR DA SEMANA 21 DE XESTACIÓN
  • As persoas que veñan de ter un bebé, adopten, ACOLLAN CON CARÁCTER PERMANENTE ou asuman a custodia con fins adoptivos de nenos de ATA 3 ANOS
  • Os galegos ou descendentes de galegos que se atopen na situación anterior e regresen a Galicia desde fóra de España
  • As persoas que no obtiveran a Tarxeta Benvida por superar o límite de ingresos nas dúas convocatorias anteriores, ou que a obtiveran pero só por un ano. Se experimentaron unha redución nos seus ingresos, poden volver a solicitala para o segundo e terceiro ano de vida do neno ou nena

 

 

Que requisitos hai que cumprir?

  • Ter residencia habitual en Galicia.
  • Que na última declaración do IRPF a renda da unidade familiar non supere os 45.000 euros (sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro) ou ben os 13.500 euros de renda por cada membro da familia.

De que importe é a Tarxeta Benvida?

Durante o primeiro ano, 1.200 euros. Se o fillo que naceu é o terceiro ou algún dos seguintes, a contía será de 2.400 euros.

Durante o segundo e terceiro anos (unha extensión á que teñen dereito as familias cunha renda igual o inferior a 22.000 euros), a contía varía:

  • 600 euros ao ano se é o primeriro fillo,
  • 1.200 euros ao ano se é o segundo fillo,
  • 2.400 euros ao ano se é o terceiro fillo ou algún dos seguintes.

Para as familias que vivan nun concello con menos de 5.000 habitantes, a Tarxeta Benvida increméntase un 25%:

  • En lugar de 600 euros será de 750.
  • En lugar de 1.200 euros será de 1.500.
  • En lugar de 2.400 euros será de 3.000.

Que prazo teño para solicitar a Tarxeta Benvida?

  • Se queres, podes solicitar a Tarxeta Benvida durante o embarazo A PARTIR DA SEMANA 21 DE XESTACIÓN
  • Se non, tes dous meses que comezan a contar desde o día seguinte ao nacemento do bebé
  • En caso de adopción ou acollemento, tes dous meses desde o día seguinte a que se constitúa a adopción, ou da RESOLUCIÓN DE ACOLLIDA con carácter permanente ou con fins adoptivos
  • Se es unha persoa emigrante retornada e o teu bebé naceu fóra de Galicia, tes tres meses que comezan a contar desde o día seguinte á data do teu retorno

 

Que produtos podo mercar coa tarxeta?

Calquera produto básico para o neno: leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, berces, artigos de paseo e de viaxe e produtos de hixiene infantil ou farmacéuticos.

Como se cobra?

A axuda aboarase directamente na Tarxeta Benvida, unha tarxeta moedeiro que levará o nome da persoa que a solicitou. Esta tarxeta poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia de Galicia.