Gratuidade en Escolas infantís

Se queres ter fillos tes...

Gratuidade en escolas infantís

Que é?

A partir do curso 2022-2023 as escolas infantís de Galicia serán gratuítas, tanto as públicas como as privadas. Galicia é a primeira comunidade autónoma en ofrecer educación infantil de 0 a 3 anos de forma  gratuíta.

Desde o ano 2020 a educación infantil en Galicia xa éde balde para os segundos fillos e sucesivos, medida que agora se estende ata o primeiro fillo, acadando unha cobertura total.

Que familias se poden beneficiar?

Todas as familias con nenos de entre 3 meses a 3 anos que estean inscritos nalgunha escola infantil de Galicia adherida ao programa da gratuidade.

Como se solicita?

Non é necesario facer solicitude. A escola infantil aplicará directamente o desconto do 100% do custo da atención educativa e da matrícula. Será a Xunta de Galicia quen aboe o custo do servizo ao centro educativo.

Inclúe o servizo de comedor?

A gratuidade aplícase aos costos do servizo de educación infantil, pero non aos servizos complementarios, como os de comedor ou calquera outro que ofrezca o centro. É dicirm a gratuidade inclúe a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario.

Que escolas están adheridas?

Todas as escolas infantís de Galicia poden adherirse, tanto as públicas de titularidade autonómica como as municipais, as privadas, as de iniciativa social ou de calquera outra índole.

Actualmente a práctica totalidade das escolas infantís de Galicia están adheridas á gratuidade.

Os centros deben anunciar a gratuidade fisicamente nas súas instalacións, páxina web e redes sociais, en caso de telas.