A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para as familias destinada a colaborar cos
gastos derivados do nacemento ou da adopción dun fillo ou dunha filla.
Poderán beneficiarse as persoas que teñan a súa residencia habitual en Galicia e que teñan
fillos ou fillas, tanto por natureza coma por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de
decembro de 2017. Ademais, tamén se poderán beneficiar da Tarxeta Benvida aquelas familias
que estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno/a menor dun ano.
Para disfrutar da Tarxeta Benvida hai que cumprir unha serie de requisitos:
        - A persoa solicitante ha de ter a súa residencia en Galicia.
        - Non superar os 45.000 euros de renda da unidade familiar, sumadas á base
impoñible xeral e á base impoñible do aforro, ou os
        13.500 euros de renda per cápita, na declaración do IRPF do ano 2014.
A contía da Tarxeta Benvida será de 1.200 euros, a razón de 100€/mes durante o
primeiro ano de vida do neno ou nena.
En caso de adopción, o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que
se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena cumpra un ano.
O pagamento desta axuda efectuarase a través da Tarxeta Benvida, unha tarxeta
moedeiro que se expedirá a nome da persoa solicitante.
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a