A Tarxeta Benvida poderá empregarse para comprar produtos básicos en establecementos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o neno ou nena durante o primeiro ano de vida. Produtos como leite e outros alimentos infantís, cueiros, produtos de hixiene infantil ou produtos farmacéuticos, roupa, berces ou artigos para o paseo e viaxe.
Esta tarxeta só poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a