É unha axuda económica para familias con nenos e nenas menores de tres anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación.
Consiste nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio nuns supostos determinados: enfermidade do/a menor, da persoa coidadora habitual, asistencia a entrevistas de traballo ou situacións laborais de carácter puntual que impidan a atención da nena ou neno polos membros da unidade familiar.
A administración recoñecerá ás familias que cumpran os requisitos o dereito a obter unha subvención para un máximo de 80 horas de servizos de conciliación a domicilio para o período que vai do 27 de agosto de 2016 ao 1 decembro de 2017. A axuda farase efectiva unha vez se xustifique documentalmente o uso dos servizos. A contía da axuda é variable en función da renda da unidade familiar e oscila entre os 7 e os 14 €/hora.
 
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a